
Os Catro Camiños

Os Catro Camiños é un café bar situado en Verducido, un establecemento de ambiente familiar que constitúe un punto de encontro para a veciñanza e unha agradable parada para as persoas que visitan esta parroquia da Lama. É un lugar ideal para tomar un café, un refresco ou un petisco antes ou despois de percorrer as rutas de sendeirismo e descubrir os recursos naturais e patrimoniais da contorna.
A súa situación estratéxica, preto da Ponte sobre o río Parada, da Igrexa de San Martiño de Verducido e de varios percorridos de natureza, convérteo nun establecemento recomendable para facer unha pausa e gozar da tranquilidade do interior do municipio.
Contacto
📍 O Cruceiro, Verducido
36850 A Lama (Pontevedra)
📞 +34 631 55 05 59
Próximos
Todos
Aloxamento
Arquitectura civil
Arquitectura etnográfica
Arquitectura Relixiosa
Café Bar
Festas e tradicións
Natureza
Restaurantes
Rutas











