Igrexa de San Pedro de Gaxate

A Igrexa parroquial de San Pedro de Gaxate é o principal templo relixioso da parroquia e un dos seus elementos patrimoniais máis representativos. Construída en cantaría de granito, presenta unha nave de planta rectangular, presbiterio diferenciado e unha esvelta torre-campanario central coroada por unha cúpula. Na fachada destacan a porta lintelada, unha xanela decorada con motivos inspirados nunha vieira, unha fornela coa imaxe do patrón e un reloxo de sol labrado en pedra. 

O templo sitúase no centro da parroquia, formando un conxunto de gran interese xunto ao seu adro, o antigo cemiterio, un vía crucis e un fermoso cruceiro de pedra. A visita á igrexa permite descubrir un dos espazos históricos máis destacados de Gaxate e completar o percorrido por outros recursos próximos, como a Casa do Pazo, o castro ou a praia fluvial do río Oitavén.

ubicación

Galería

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from - Youtube
Vimeo
Consent to display content from - Vimeo
Google Maps
Consent to display content from - Google