Fervenza de Liñares

A Fervenza de Liñares, tamén coñecida como A Freixa, é un dos espazos naturais máis espectaculares do concello da Lama. O río Xesta, no seu treito alto, encaixase entre grandes penedos graníticos e precipítase nun impresionante salto de auga rodeado por un frondoso bosque de ribeira. A beleza da contorna e a forza da auga converten este enclave nun dos grandes atractivos naturais da Serra do Suído. 

O acceso realízase a través dun sendeiro sinalizado que parte da aldea de Liñares e forma parte da ruta PR-G 24 A Freixa, permitindo achegarse a varios miradoiros e pasarelas desde os que contemplar a fervenza. A súa proximidade á Ponte de Liñares e á Praia Fluvial do Río Xesta fai posible completar unha visita que combina natureza, patrimonio e sendeirismo nun dos vales mellor conservados do interior de Pontevedra. 

ubicación

Galería

Explora os nosos recursos naturais

Todos
A BARCIA DO SEIXO (Santa Ana)
A LAMA (San Salvador)
ANTAS (Santiago)
COVELO (San Sebastián)
ESCUADRA (San Lourenzo)
GAXATE (San Pedro)
SEIXIDO (San Bartolomeu)
VERDUCIDO (San Martiño)
XENDE (San Paulo)
XESTA (San Bartolomeu)
Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from - Youtube
Vimeo
Consent to display content from - Vimeo
Google Maps
Consent to display content from - Google